mércores, 28 de marzo de 2018

21 de marzo: Día da Poesía

Para conmemorar o día da Poesía contamos cunha visita moi especial; a poetisa Miriam Ferradáns que ademais é un dos nosos tesouros da contorna xa que é de Beluso (Bueu).


Grazas a ela os nenos/as iniciaronse no mundo da poesía dunha forma lúdica e amena. Así, co primeiro grupo (1º , 2º e 3º de E.Primaria) fixeron un xogo que consistía en poñerlle nome a unha formiga e dicir cousas dela pero con rima. 





Despois tiveron que descifrar unha mensaxe coas palabras desordenadas que lle deu Miriam. Queredes sabes cal era esa mensaxe? Mirade que mensaxe tan fermosa.




Os alumnos de 4º a 6º  de E.Primaria completaron un poema incompleto de Antonio García Teijeiro. A continuación crearon os seus propios poemas a partires das palabras que había nun sobre e xa por último descifraron unha mensaxe onde as palabras estaban desordenadas.






Para rematar esta fermosa xornada os máis pequenos crearon rimas co seu propio nome e coas profesións que queren ser de maiores. 




E aquí tedes a entrevista que lle fixeron a Miriam os nosos alumnos. 



Grazas Miriam por achegarnos un pouco máis ao mundo da poesía!!!



Pero ademáis da visita de Miriam  durante todos estes días tivemos no noso corredor unha exposición de libros cheos de poesía, sentimentos, risas, añoranzas...




Non obstante, non foron as únicas actividades que se fixeron arredor da poesía. Así, mencionar os encontros entre os alumnos de 6º e 4º de E. Primaria. O alumnado de 6º introduciron as nocións básicas da métrica e recitaron uns poemas ao alumnado de 4º para deseguido o alumnado de 4 º lembrar versos escritos por García Teijeiro da súa obra "Lendo lendas, digo versos" . 
 Fermoso encontro!!






martes, 20 de marzo de 2018

MÁIS LENDAS DA CONTORNA.


Como poderedes ver a continuación, seguimos a desenterrar tesouros da nosa contorna, entre eles as lendas. Con este traballo pretendemos facer multidisciplinar a nosa investigación arredor das mesmas:
- Recollelas das nosas familias ou veciños.
- Transcribir a información recollida en formato dixital na clase de informática.
- Relatar as lendas na radio Faladoiro.
- Publicar nos blogs do centro as lendas recopiladas (no blog de 3º e 4º de Primaria, no de Dinamización da Lingua Galega, da Biblioteca do centro...).

Agora a disfrutar da súa lectura ou da súa audición:



 















Que gran traballo rapaces!!!

luns, 19 de marzo de 2018

LENDAS URBANAS


África e Irena recolleron lendas que non son tan tradicionais; pero están estupendas. Podemos pollerlle a etiqueta de lendas urbanas. Parabéns polo seu esforzo ao redactalas e contárnolas en galego para o proxecto de Desenterrando os nosos tesouros.
As rotondas e pozos tamén teñen lenda.
Moitas grazas!!





domingo, 18 de marzo de 2018

ENTREVISTAS AS NOSAS MULLERES


Aquí tedes as entrevistas que fixeron os nosos alumnos ás mulleres da contorna co motivo da conmemoración da Semana da Prensa e do día da Muller Traballadora.  Con todas elas elaboramos un gran mural como podedes ver nas seguintes fotos.






E aquí tedes algunha delas relacionadas co noso proxecto "Desenterrando os nosos tesouros".







Que gran traballo rapaces!!!



xoves, 15 de marzo de 2018

VISITA DA DIRECTORA DO MUSEO MASSÓ DE BUEU


Aproveitando que estos días estivemos commemorando o Día Internacional da Muller non podíamos deixar pasar a oportunidade de invitar ao noso centro a unha muller traballadora que sabe moito da nosa contorna.

Así, o día 12 de este mes, Covadonga (directora do museo Massó de Bueu) explicounos cal é o seu traballo dentro do museo (organización e planificación das actividades do museo) e como era vida na fábrica de Massó. Comezou contándonos a importancia da indrustria conserveira en Galicia e como naceu e creceu a fábrica de Massó onde a maioría dos traballadores eran mulleres. Elas encargábanse de limpar o peixe, enlatar, cargar camións, mariscar, reparar as redes... e despois de longas xornadas na fábrica as mulleres volvían a casa andando para seguir traballando.










Para finalizar, Covadonga foi entrevistada polos nosos alumnos de 3º de Primaria.

Grazas Covadonga por achegarnos a vida das nosas avoas, bisavoas... Grazas!!!



martes, 13 de marzo de 2018

ACTO DO 8 DE MARZO NO CENTRO SOCIAL DO MAR DE BUEU

 
O venres 9 de marzo tivo lugar no Centro Social do Mar de Bueu un acto organizado polo CIM de Bueu para conmemorar o Día Internacional da Muller polo que os nosos alumnos de 3º a 6º de E.Primaria  asistiron a celebración.

No acto os alumnos de 4ºde Primaria do CEIP A Pedra de Bueu por parellas ían contando a biografía dunha muller famosa como Malala, Rosalía de Castro, Clara Campoamor...e a biografía dunha muller significativa para eles como a súa nai, avoa, bisavoa...



Despois tivo lugar a entrega de premios por parte das autoridades aos gañadores dos concursos de viñetas, poesía e relato da "Igualdade no traballo". Entre as gañadoras estaba a nosa alumna Xiana de 5º de Primaria que gañou o concurso de viñetas. Parabéns Xiana!!!

No hay texto alternativo automático disponible.
Viñeta gañadora








Para rematar, o alcalde de Bueu, Félix Juncal dixo unhas palabras ao público presente e fíxose a foto dos premiados.

La imagen puede contener: 14 personas, personas sonriendo, personas sentadas

domingo, 11 de marzo de 2018

DÍA DA MULLER TRABALLADORA E SEMANA DA PRENSA


Comezamos o mes de marzo celebrando dúas conmemoracións moi importantes: o día 8 de marzo, Día Internacional da Muller e do 5 ao 9 de marzo a Semana da Prensa. 

Para conmemorar o Día Internacional da Muller contamos con diversas visitas de nais dos nosos alumnos que nos contaron como é o seu traballo: Estefanía (nai de Lola de 2º de Primaria), Yésica (nai de Mara de 4 anos e de Aroa de 1º de Primaria), Aixa (nai de Diego de 2º de primaria),  Mari (nai de Lola de 3 anos e Roi de 1º de Primaria), Luisa (nai de Álex de 4 anos), Beatriz (nai de Alberto de 5º de primaria e de Pedro de 5 anos), Ana (nai de Daniela de 2º de primaria) e Carolina (nai de Fran de 2º de primaria).



 



 


















Moitas grazas a todas pola vosa visita!


Tamén contaremos coa visita da directora do museo Massó o luns 12 que nos contará cal é a súa labor no museo e como era a vida na nosa contorna antigamente. 

Tamén os nosos alumnos teñen a súa disposición grazas a colaboración da biblioteca de libros en galego onde as mulleres son as protagonistas e destacan pola súa gran labor.









E para conmemorar a Semana da Prensa o equipo de biblioteca e o de dinamización da lingua galega propón aos nosos alumnos entrevistar a mulleres da contorna e crear unha noticia de prensa que será exposta no noso corredor.






martes, 6 de marzo de 2018

CONTACONTOS DO MES DE FEBREIRO


Nestes días tivemos dúas visitas moi divertidas e coas que o pasamos en grande. Unha é a de Raquel Queizás e a outra a de Sabela Gago.

A sesión de Raquel Queizás foi para os nenos de infantil e 1º e 2º de E.Primaria.
O primeiro que nos intrigou foi saber que habería dentro daquela maleta chea de letras.



O que non esperabamos é que alí dentro estivera o seu amigo Nano.




E queredes saber que pasou despois? Pois que Raquel e Nano contáronnos un conto moi divertido titulado "A viaxe de Nano". Nese conto Nano era un pouco egoísta porque non quería compartir a auga cun paxarillo que tiña sede.



Polo que o paxarillo esperou a que Nano durmira para beber toda a auga. Cando Nano espertou xa non había auga e tivo que emprender unha longa viaxe para atopar auga. Ao final desta viaxe Nano comprende a importancia de compartir. 

Mirade que ben o pasamos!!!








Pero iso non é todo tamén contamos coa visita de Sabela Gago que nos contou un conto moi divertido aos nenos de infantil, 1º e 2º de E. Primaria e fixo un obradoiro de dramatización para o alumnado de 3º a 6º de E.Primaria.



Co conto de Martín ensinounos que mellor menciña para o aburrimento é algo moitas veces esquecido por todos nós e barato; a imaxinación!!!

Martín era un neno que estaba aburrido polo que os seus pais decidiron comprarlle diferentes agasallos que nunca acababan de compracelo. Despois de moito cavilar decidiu que o seu mellor agasallo para pasar o tempo sería un lapis co que poder escribir grandes historias.



Que gran historia, Sabela e canto nos fixeches rir!





Pero iso non foi todo, cos alumnos de 3º a 6º fixo unha gran representación onde os alumnos tamén foron os protagonistas. Así, dramatizaron o conto de tres galiñas  que se presentaron a un concurso
de galiñas poñedoras. Ao final o rei tivo que concederlles privilexios as tres porque todas tiñan un ovo especial.


Mirade que ben o fixeron os actores




O público entregado non podía apartar a mirada da obra


Ademáis Sabela Gago foi entrevistada na radio Faladoiro polos nenos/as de 2º de Primaria.
Aquí tedes a entrevista: